Circo en Vigo para todas as idades: creativo, inclusivo e divertido
Achegamos o circo de xeito diferente
Transformamos o circo nun espazo onde experimentar, xogar e compartir. Un lugar inclusivo para crianzas, familias, escolas e eventos que buscan emoción, aprendizaxe e conexión real.
Que é Atípico Circo
Somos Claudio e Sara, dúas persoas apaixoadas polo circo e a arte como ferramenta de transformación. Despois de anos traballando en Europa, volvemos a Vigo para crear Atípico Circo: un espazo lúdico e educativo onde aprender, rir e descubrir novas habilidades.
Ofrecemos actividades inclusivas para todas as idades: malabares, equilibrios e acrobacias que fomentan a confianza, o movemento e o xogo en grupo.
Achegamos o circo dun xeito diferente: divertido e para compartir.
Un circo para todas as idades: creativo, inclusivo, accesible e sen moldes
Inclusivo e creativo para crianzas: clases, aniversarios e obradoiros cheos de xogo, movemento e maxia.
Para compartir en familia: xogo, emoción e aprendizaxes comúns desde os 18 meses ata adultos.
Actividades orixinais que fomentan aprendizaxes, inclusión, creatividade e cohesión entre o alumnado.
En eventos: diversión, participación e maxia para festas, escolas, empresas e celebracións inesquecibles.
Actividades na axenda
14 e 21 de febreiro: próximas clases con bebés en Vigo
Circo en familia o 21 de febreiro: un tempo de calidade compartido
Clases de circo para nenas e nenos e adultos!
Actualidade do Atípico Circo






