Un recurso lúdico para aprender con sentido
Leva á túa aula unha actividade inclusiva, dinámica e educativa. Traballamos valores, habilidades motoras e expresión corporal sen competir, só gozando.
Circo nas escolas: talleres para centros educativos
Ofrecemos clases extraescolares en centros educativos para alumnado de 3 a 12 anos.
Son clases pluridisciplinares nas que experimentamos con malabarismo, acrobacias, equilibrismo e técnicas aéreas.
Con esta actividade traballamos múltiples competencias, desde a motricidade (global e fina) ata a cooperación, a perseveranza e a atención, amais doutras habilidades clave para o desenvolvemento das crianzas.
Non é preciso ter coñecementos previos: as clases son accesibles para todo o mundo. O obxectivo é divertirse, experimentar e aprender descubrindo.
Clases extraescolares de circo
Cada clase é unha introdución ao mundo do circo e ás súas disciplinas:
Malabarismo
Panos, pelotas, mazas, flower stick, diábolo, aros, pratos chineses, bolas…
Equilibrismo
Zancos, barril, bola de equilibrio, cable, paus de madeira, pedalgo…
Acrobacias
Só, portés, en grupo…
Obradoiros para festividades escolares
Propoñemos actividades de circo para que as festas do teu centro educativo sexan orixinais e diferentes: fin de curso, Nadal, Entroido, Magosto etc.
Espazo de xogos de circo
Un espazo de xogo de acceso libre para crianzas e familias, con materiais dispoñibles para practicar malabarismo (panos, pelotas, mazas, diábolos, flower stick, pratos chineses, aros, sombreiros…) e equilibrismo (barril, cable, rola-bola, bola, slackline, monociclo, zancos…).
O público accede libremente e o número de participantes é ilimitado. Unha ou varias monitoras ou monitores acompañan e supervisan.
Obradoiro
Unha clase para un grupo de persoas (crianzas ou familias) que se inscribiron previamente, cunha duración determinada.
Ten a estrutura dunha clase: acollida, xogos de activación, actividade específica, explicación e práctica das técnicas circenses, e peche final
Circo nas xornadas das ANPAS
Ofrecemos actividades para que crianzas e familias se divirtan e experimenten durante as xornadas organizadas polas ANPAS.
Espazo de xogos de circo
Un espazo de xogo de acceso libre para crianzas e familias, con materiais dispoñibles para practicar malabarismo (panos, pelotas, mazas, diábolos, flower stick, pratos chineses, aros, sombreiros…) e equilibrismo (barril, cable, rola-bola, bola, slackline, monociclo, zancos…).
O público accede libremente e o número de participantes é ilimitado. Unha ou varias monitoras ou monitores acompañan e supervisan.
Obradoiro para crianzas
Unha clase para un grupo de crianzas que se inscribiron previamente e cunha duración determinada.
Inclúe acollida, xogos, explicación e práctica, e peche final.
Obradoiro de circo en familia
Unha experiencia lúdica para crianzas e persoas adultas, un momento de aprendizaxe compartida, no que ambas participantes descubren as distintas disciplinas do circo, aprenden ao tempo, pasan tempo de calidade xuntas e se divirten.
Cada obradoiro é unha introdución ao mundo do circo e ás súas disciplinas:
- Malabarismo: panos, pelotas, mazas, flower stick, diábolo, aros, pratos chineses, etc.
- Equilibrismo: zancos, barril, bola de equilibrio, cable, paus de madeira, pedalgo, etc.
- Acrobacias: solo, portés, en grupo, etc.
Formación para profesorado (CFR)
Circo adaptado e inclusivo nas aulas
Leva a maxia do circo ao teu centro educativo
Extraescolares, festas, xornadas e proxectos a medida: propoñémoste actividades que emocionan, unen e desenvolven habilidades nas crianzas.