Un tempo para rir, compartir e estar presentes

Ofrecemos actividades pensadas para que persoas adultas e crianzas se divirtan xuntas. Rachar a rutina e conectar de verdade está ao teu alcance. O circo une.

Imaxe dunha actividade de Atípico Circo

Circo en familia: un tempo de calidade compartido

Un obradoiro de circo en familia é unha experiencia lúdica para pequenas e adultos, un momento de aprendizaxe entre iguais, no que se fomenta que ambas persoas participantes descubran as distintas disciplinas do circo e aprendan ao mesmo tempo, pasen tempo de calidade xuntas e se divirtan.

Para nenas e nenos a partir de 5 anos acompañados dunha ou máis persoas adultas. 

Accesible para todo o mundo! Inscríbete aquí.

Obradoiros para peques e adultos

Cada obradoiro é unha introdución ao mundo do circo e ás súas disciplinas:

Malabarismo

Panos, pelotas, mazas, flower stick, diábolo, aros, pratos chineses, bolas…

Equilibrismo

Zancos, barril, bola de equilibrio, cable, paus de madeira, pedalgo…

Técnicas aéreas

Teas e trapecio.

Acrobacias

Só, portés, en grupo…

Imaxe dunha actividade de Atípico Circo

Baby Circus: de 18 meses a 4 anos

Un obradoiro de Baby Circus é un espazo para a experimentación, a diversión e o xogo libre a través de diferentes instalacións de circo, para nenas e nenos de 18 meses a 4 anos, acompañados dunha ou máis persoas adultas.

Nos diferentes espazos dispoñibles, podedes experimentar con materiais de malabarismo (panos, pelotas, mazas, flower stick, diábolo, aros, pratos chineses…), equilibrismo (zancos, barril, bola de equilibrio, cable, paus de madeira, pedalgo, etc.) e acrobacias en parella ou grupo.

Tamén poderedes achegarvos ás técnicas aéreas, como as teas ou o trapecio.

Para nenas e nenos de entre 18 meses e 4 anos acompañados dunha ou máis persoas adultas. Accesible para todo o mundo! Inscríbete aquí.

Clases para persoas adultas

Clases pluridisciplinares nas que experimentamos con malabarismo, acrobacias e equilibrismo. Queres formar parte dun grupo de xente riquiña e lanzarte a novos desafíos mentres te divertes?

Non son necesarios coñecementos previos: as clases son accesibles para todo o mundo. O obxectivo é divertirse, experimentar e aprender descubrindo.

Cada clase é unha introdución ao circo e ás súas disciplinas:

Quedan prazas dispoñibles para o grupo dos martes (19:15–20:45), no CEIP Carrasqueira (Vigo). Inscríbete aquí.

Imaxe dunha actividade de Atípico Circo
Imaxe dunha actividade de Atípico Circo
Imaxe dunha actividade de Atípico Circo

Queres agasallar algún dos nosos plans para familias?

Un espazo para rir, aprender e compartir. Obradoiros únicos para crianzas e persoas adultas que queren vivir algo especial. Pídenos o teu bono!

Iniciar sesión