A diversión tamén pode ensinar cousas valiosas
Os obradoiros de circo para crianzas de Atípico Circo axudan a desenvolver a coordinación, a creatividade e a confianza nun ambiente lúdico, activo e sen pantallas.
Clases de circo para nenas e nenos
Clases pluridisciplinares nas que experimentamos con malabarismos, acrobacias, equilibrismo e técnicas aéreas.
Con esta actividade traballamos moitas competencias, desde a motricidade (global e fina) ata a cooperación, a perseveranza e a atención, ademais doutras competencias chave no desenvolvemento das crianzas.
Non son necesarios coñecementos previos: as clases son accesibles para todo o mundo. O obxectivo é divertirse, experimentar e aprender descubrindo.
Quedan prazas dispoñibles para o grupo de 6 a 12 anos dos martes (17:30–19:00), no CEIP Carrasqueira (Vigo). Inscríbete aquí.
Actividades e disciplinas que se traballan
Cada clase é unha introdución ao mundo do circo e ás súas disciplinas:
Malabarismo
Panos, pelotas, mazas, flower stick, diábolo, aros, pratos chineses, bolas…
Equilibrismo
Zancos, barril, bola de equilibrio, cable, paus de madeira, pedalgo…
Técnicas aéreas
Teas e trapecio.
Acrobacias
Só, portés, en grupo…
Cumpreanos e festas infantís con circo
Propoñemos actividades de circo para que a festa de aniversario da túa filla ou do teu fillo sexa orixinal e diferente. A diversión e a maxia están aseguradas!
Ofrecemos dúas opcións:
- Malabarismo (panos, pelotas, mazas, diábolos, flower stick, pratos chineses, aros, sombreiros...)
- Malabarismo + Equilibrismo (barril, cable, rola-bola, bola, slackline, monociclo, zancos...)
Actualmente, Atípico Circo non dispón de espazo propio, pero dispón do espazo da Morada, en Vigo, para celebrar os teus aniversarios os sábados e domingos. Tamén podemos desprazarnos e adaptarnos ao lugar que elixas para organizar a festa (sala, casa, monte…).
Circo adaptado para nenos e nenas con discapacidade
O circo é unha ferramenta ideal para a inclusión e o goce de persoas con discapacidade.
Grazas á nosa formación e experiencia especializada en circo adaptado, propoñemos clases e obradoiros de técnicas circenses (malabarismo, equilibrio e acrobacias) ao alcance de todo o mundo.
Traballas con persoas con discapacidade e queres saber máis?
Contáctanos!
Queres que a túa peque descubra o circo connosco?
Inscríbea nunha experiencia divertida, creativa e chea de aprendizaxes que nunca esquecerá. Quedan poucas prazas!