Actualidade

Cumpreanos diferentes para nenos en Vigo!
Queres celebrar un aniversario diferente, creativo e cheo de diversión? Agardámoste na Morada ! Propomos un espazo exclusivo para ti e as persoas convidadas, con actividades de circo para peques (dende 4 anos) e tamén para quen queira divertirse en grande!

Leva a maxia do circo á túa festa escolar!
Transforma o Magosto, Samaín, Nadal, Entroido, Maios ou fin de curso nunha experiencia inesquecible.
Propoñemos un espazo de xogo aberto para crianzas e familias, cheo de materiais de circo. Unha actividade para divertirse, emocionarse, compartir e aprender xunt@s.

Próximas actividades en familia en Vigo
Volven os sábados pola mañá en familia! Os sábados 28 de marzo e 11 de abril retomamos as clases de Baby Circus (10:30–11:30) e Circo en Familia (12:00–13:30). Para nenas e nenos a partir de 18 meses, acompañados de persoas adultas. Anótate xa para compartir e divertirte en familia!

Clases de circo para adultos en Vigo
Clases pluridisciplinares nas que experimentamos con malabarismo, acrobacias e equilibrismo. Os martes de 19:15 a 20:45 no CEIP Carrasqueira, en Vigo. Vén probar unha clase !