Axenda > Axenda de Outubro

Axenda de Outubro

Este mes levamos o circo a lugares novos e estamos moi contentas de facelo da man de espazos que nos abren as súas portas. Grazas por apostar polo circo e por facer comunidade connosco!

Aquí paramos, xogamos e descubrimos o circo xunt@s. Sen présa, sen competir e sen que ninguén teña que saber nada de antemán: cada persoa participa ao seu ritmo

Baby Circus (de 18 meses a 5 anos)
Para as pequenas é un espazo onde explorar libremente: arrastrarse, trepar, equilibrarse, tocar, probar. O circo convértese nunha forma de ganar confianza no seu corpo, de coordinarse e de descubrir o que son capaces de facer, sempre coa súa persoa adulta ao lado

Circo en Familia / Puro Circo (a partir de 6 anos)
Malabares, equilibrios e acrobacias para aprender, rir e conseguir ese reto que parecía imposible. As nenas e nenos gañan seguridade e autoestima, e as persoas adultas… tamén se atreven a probar!

Un tempo de calidade en familia, lonxe das pantallas e cheo de movemento, creatividade e vínculo.

Inscricións aquí

Lembrade que tamén podedes agasallar un destes momentos en familia: unha experiencia para pequenas e grandes que se garda moito mellor que calquera obxecto. Se queredes máis información, escribídenos!

Cando?

Hora?

Lugar

Iniciar sesión