circo con bebés vigo

Axenda > 14 e 21 de febreiro: próximas clases con bebés en Vigo

14 e 21 de febreiro: próximas clases con bebés en Vigo

Para familiasPara nenas e nenos

Un obradoiro de Baby Circus é un espazo para a experimentación, a diversión e o xogo libre a través de diferentes instalacións de circo, para nenas e nenos de 18 meses a 4 anos, acompañados dunha ou máis persoas adultas.

Nos diferentes espazos dispoñibles, podedes experimentar con materiais de malabarismo (panos, pelotas, mazas, flower stick, diábolo, aros, pratos chineses…), equilibrismo (zancos, barril, bola de equilibrio, cable, paus de madeira, pedalgo, etc.) e acrobacias en parella ou grupo.

Tamén poderedes achegarvos ás técnicas aéreas, como as teas ou o trapecio.

Para nenas e nenos de entre 18 meses e 4 anos acompañados dunha ou máis persoas adultas. Accesible para todo o mundo!

Quedan prazas dispoñibles.

Inscríbete aquí.

Nen@s a partir de 18 meses + adult@s

  • Próximas Datas: 14 e 21 de febreiro
  • Hora: 10:30 – 11:30
  • Lugar: CEIP Carrasqueira (rua da Carrasqueira s/n , Vigo)

Prezo:

  • 15€ /clase para 3 persoas
  • 20€ /clase para 4 persoas

Cando?

2026 de Xaneiro

Hora?

10:30

Iniciar sesión