Axenda > Circo en familia o 21 de febreiro: un tempo de calidade compartido
Circo en familia o 21 de febreiro: un tempo de calidade compartido
Para nenas e nenosPara familias
Un obradoiro de circo en familia é unha experiencia lúdica para pequenas e adultos, un momento de aprendizaxe entre iguais, no que se fomenta que ambas persoas participantes descubran as distintas disciplinas do circo e aprendan ao mesmo tempo, pasen tempo de calidade xuntas e se divirtan.
Cada obradoiro é unha introdución ao mundo do circo e ás súas disciplinas: malabarismo, equilibrismo, técnicas aéreas e acrobacias.
Para nenas e nenos a partir de 5 anos acompañados dunha ou máis persoas adultas.
Quedan prazas dispoñibles!
Nen@s a partir de 5 anos + adult@s
- Próximas Datas: 21 de febreiro
- Hora: 12:00 – 13:30
- Lugar: CEIP Carrasqueira (rua da Carrasqueira s/n , Vigo)
Prezo:
- 25€/clase por parella
- 30€ /clase para 3 persoas
- 40€ /clase para 4 persoas