Imaxe dunha actividade de Atípico Circo

Axenda > Clases de circo para nenas e nenos e adultos!

Clases de circo para nenas e nenos e adultos!

Para nenas e nenos

Clases cheas de malabares, acrobacia, equilibrio, xogos e movemento, nun espazo seguro, divertido, sen pantallas e sen competitividade.

Con esta actividade traballamos moitas competencias, desde a motricidade (global e fina) ata a cooperación, a perseveranza e a atención, ademais doutras competencias chave no desenvolvemento das crianzas.

Non son necesarios coñecementos previos: as clases son accesibles para todo o mundo. O obxectivo é divertirse, experimentar e aprender descubrindo.

Quedan prazas dispoñibles para os grupos dos MARTES:

  • Crianzas de 6 a 12 anos (17:30–19:00)
  • Adultos (19:15-20:45)
  • Lugar: CEIP Carrasqueira (rua da Carrasqueira s/n , Vigo)

Inscríbete aquí.

Cando?

2026 de Xaneiro

Hora?

17:30

Iniciar sesión