Axenda > Xogos de circo en familia en Vigo: actividade infantil ao aire libre en Samil
Xogos de circo en familia en Vigo: actividade infantil ao aire libre en Samil
Cando chega o bo tempo, tamén chegan os mellores plans ao aire libre. Se buscades unha actividade diferente para compartir en familia en Vigo, convidámosvos a desfrutar dunha mañá de xogo, movemento e diversión nun entorno natural privilexiado.
Os Xogos de circo en familia son unha proposta para conectar, experimentar e pasalo ben xunt@s mentres descubrimos o mundo do circo a través do xogo libre e compartido.
🎪 Malabares, equilibrismo e diversión para todas as idades
A actividade está dirixida a nen@s a partir dos 18 meses acompañados por persoas adultas, sen límite de idade. Propoñemos un espazo aberto e accesible onde cada persoa pode participar ao seu ritmo, independentemente da idade ou da condición física.
Ao longo da mañá haberá materiais e propostas de circo para experimentar en familia:
🔴 Xogos de malabares
🔴 Equilibrismo
🔴 Movemento e coordinación
🔴 Actividade adaptada a todos os públicos
🕦 Horario: de 11:30 a 13:00
📍 Lugar: Piñeiral de Samil (Vigo)
A ubicación exacta enviarase por WhatsApp uns días antes da actividade.
Prezos:
• 12 € nen@ + adult@
• +5 € por persoa extra (nen@ ou adult@)
As prazas son limitadas.
Inscricións: https://forms.gle/Xvq7B6QmJLwoPyRT7