Icono Atípico Circo

Engade maxia e movemento ao teu evento

En festivais, aniversarios ou xornadas culturais: o circo transforma o espazo e sorprende. Deseñamos propostas personalizadas para facer do teu evento algo único.

Espazos de xogos de circo

Un espazo de xogo de acceso libre para crianzas e familias, con materiais dispoñibles para practicar malabarismo (panos, pelotas, mazas, diábolos, flower stick, pratos chineses, aros, sombreiros…) e equilibrismo (barril, cable, rola-bola, bola de equilibrio, slackline, monociclo, zancos…).

O público accede libremente e o número de participantes é ilimitado. Unha ou varias monitoras ou monitores acompañan e supervisan a actividade.

Obradoiros para crianzas e familias

Unha clase para un grupo de persoas (crianzas ou familias) previamente inscritas e cunha duración determinada.

Segue a estrutura propia dunha sesión: acollida inicial, xogos de activación, actividade específica, explicación e práctica das técnicas circenses, e peche final.

Eventos de empresa con circo

Propoñemos actividades de circo para que o teu evento de empresa —xa sexa unha celebración, unha xornada de team-building ou outro tipo de encontro— sexa orixinal e diferente. A diversión e a maxia están aseguradas!

Adaptamos a actividade aos obxectivos do teu evento: fomentar a cohesión de grupo, traballar habilidades intrapersoais, mellorar a autoestima, crear un espectáculo temático ou simplemente pasar un bo momento en equipo.

Cumpreanos e festas

Propoñemos actividades de circo para que a túa festa de aniversario (ou da túa filla ou do teu fillo) sexa orixinal e diferente. A diversión e a maxia están aseguradas!

Ofrecemos dúas opcións:

  • Malabarismo (panos, pelotas, mazas, diábolos, flower stick, pratos chineses, aros, sombreiros…)

 Actualmente, Atípico Circo non dispón de espazo propio, pero dispón do espazo da Morada, en Vigo, para celebrar os teus aniversarios os sábados e domingos. Tamén podemos desprazarnos e adaptarnos ao lugar que elixas para organizar a festa (sala, casa, monte…)

 

Imaxinemos entre todas e todos un evento único!

Sexa un festón, unha xornada de empresa ou unha actividade familiar, levamos o circo alí onde ti queiras. Nós poñemos o espectáculo, ti só trae as ganas.

Iniciar sesión