logotipo- Atipico Circo branco

Un circo diferente que conecta coa xente e transforma

Atípico Circo nace para transformar o circo nun espazo educativo, inclusivo e divertido. Levamos anos formándonos por Europa para crear experiencias únicas ao teu carón.

Que é Atípico Circo

Circo en Galicia para todas as idades

Atípico Circo é un proxecto lúdico-educativo de circo, co que propoñemos clases e espazos de xogo de equilibrismo, malabares e acrobacia para familias, crianzas e persoas adultas.

É atípico porque é diferente, orixinal, único. Máxico.

A nosa misión é ofrecerlle a todo o mundo a oportunidade de probar a práctica do circo, redescubrir as súas capacidades e divertirse. O circo é unha ferramenta única para experimentar e autorrealizarse dun xeito non competitivo e activo, escoitando o propio corpo e a contorna.

Adaptamos as nosas propostas ás túas necesidades concretas para que o teu obradoiro ou evento sexa orixinal e inesquecible.

Contrátanos para unha actividade formativa ou extraescolar, unha festa, un festival, team building ou aniversario!

Imaxe de Claudio Casaccia

Coordinador e monitor

Claudio Casaccia

Ola! Chámome Claudio e veño dunha pequena vila na rexión italiana das Marcas, na beira do mar Adriático.

Deixei a miña terra hai máis de dez anos para formarme como monitor de circo en Bruxelas, onde coñecín á miña compañeira Sara, que é viguesa.

En 2022 decidimos instalarnos en Vigo para emprender esta aventura e lanzar o noso “Atípico Circo”.

Son un apaixonado das artes circenses e da escalada. Malabarista desde 2004, monitor de circo para crianzas e adultos desde 2014, e de escalada de árbores desde 2021.

Circo

– Malabares (desde 2004)
– Funambulismo (Centre Européen de Funambulisme)
– Circo social e adaptado
– Pedagoxía circense
– Rigging

Escalada

– Escalada de árbores (SNGEA certificado)
– Monitor cualificado desde 2021

Experiencia profesional

– Profesor en Bélxica, Suíza, Italia, Luxemburgo, España e Camboxa
– 6 anos de actuacións con Triandanti por toda Italia
– Formación continua en ferramentas pedagóxicas

Imaxe de Sara Comesaña

Responsable de comunicación e proxectos

Sara Comesaña

Ola! Son Sara, nacín en Vigo, unha cidade do sur de Galicia onde todo xira arredor do mar: a memoria, a familia, a comida, o traballo e incluso a arte.

Despois de máis de quince anos indo de porto en porto, embarcándome en proxectos diversos, volvín a casa traendo comigo á miña familia e a vontade de dar vida a un espazo dedicado ás artes escénicas.

Como sempre me encantou escribir, estudei xornalismo. O que máis me gustaba era descubrir as historias da xente e novos microcosmos, para despois plasmalos no papel.

Comunicación

– Xornalismo e redacción
– Comunicación dixital
– Visibilidade proxectos culturais
– Construcción de redes

Xestión

– Coordinación xeral (4 anos École de Cirque)
– Organización de eventos
– Proxectos locais e internacionais
– Equipos multilingües

Experiencia

– 10 anos en Bruxelas (ámbito cultural europeo)
– Proxectos sociais conscientes
– Arte social e comunitaria

Paixóns persoais

– Artesanía e costura
– Tempo en familia
– A praia (sempre a praia!)

Queres levar a maxia do circo ao teu espazo?

Contáctanos sen compromiso e axudámoste a crear unha experiencia única, pensada á medida para o teu público.

Iniciar sesión